10-11 Outubro 2026: Sexualidades e relacións non normativas en Ourense
8 octubre, 2026 a las 10:45/ por moscacojonera
Se estarás preto de Ourense esta fin de semana ou se coñeces a alguén que lle podan interesar as non monogamias, relacións abertas e sexualidades non hexemónicas, temos unha boa nova. Esta fin de semana imos estar Roma de las Heras e Miguel Vagalume (mosca cojonera) facendo un obradoiro os dous días en Ourense, nas xornadas CORPO, VÍNCULOS, COIDADOS E TERRITORIO, organizadas por Participacción para celebrar os dez anos que levan traballando. Alí imos estar xunto a Sara Egas, coa xente de Participacción, coa xente de NonMonogamiasOurense e a xente que veña dende outras cidades, pobos, aldeas e lugares do noso territorio. O idioma vai ser un dos eixos das xornadas, agás no caso de Roma, que vai falar castelán.
Falaremos de atracción entre mulleres, neurodiverxencias, non monogamias, perspectiva decolonial nas non monogamias (ven a conta, tamén, polas datas), de o corpo como territorio, das formas de vincular, dos coidados e do territorio en xeral, co idioma como un dos eixos. Todo iso dentro do contexto da Galleira como casa común, dentro da Comisión de Sexodiversidade e baixo os seus protocolos.
Empeza o sábado as 11:30 na Galleira (está na Praza de San Cosmede) co obradoiro de Sara Egas sobre o corpo como territorio que coidar e protexer.
Imos estar alí dous días e pola noite poderemos seguir falando e dándolle voltas ou falar das cousas que non poderas partillar en público. O resto do programa podedes consultalo nas imaxes orixinais e mais abaixo, en texto.
Xa non usamos instragram para espallar a nosas actividades por iso agradecemos se o compartes coa xente que coñezas que podería ter interés nas xornadas. Grazas!
Se non queres perder ningunha publicación que fagamos só en galego, podes seguilas aquí.


PROGRAMA
CORPO, VÍNCULOS, COIDADOS E TERRITORIO: X ANIVERSARIO DE PARTICIPACCIÓN
SÁBADO 10 DE OUTUBRO
- 11:30h: Obradoiro de movemento con sara egas: o noso corpo como territorio a coidar e protexer. Podedes seguir o traballo de Sara Egas no seu instagram.
- 12:15h: Faladoiro: neurodiverxencias, xénero e vínculos.
- 14h: Xantar, partillar e platicar.
- 16h: Dámoslle voltas ás non monogamias con Roma de las Heras e Miguel Vagalume.
- 20h: Mesa de experiencias bibollo.
DOMINGO 11 DE OUTUBRO
- 11:30h: Revirivoltas e marco teórico das non monogamias con Roma de las Heras e Miguel Vagalume.
- 13:45h: Apertas, despedida e peche.
INFORMACIÓN GENERAL
- Lugar: A Galleira, (Praza de San Cosmede, Ourense).
- Organiza: Participacción. (ides atopala no territorio, non nas redes)
- Colabora: A Galleira – Comisión de Sexodiversidade
